Antonio Santos é o autor e ilustrador de Pancho, un libro que nos f
ala da inocencia dun elefante que se namora dunha fermosa tea que os homes usan; desobedecendo aos seus pais, cae nunha trampa e é capturado para traballar nun circo, onde soñará coa liberdade e con seus pais. A última páxina ábrese á esperanza cun "case fin" que desexamos. As ilustracións son sinxelas, trazadas esquematicamente, o que lle dá, curiosamente, unha gran viveza ao texto, escaso pero suficiente, do libro. Son cartolinas recortadas de cores, un tanto ríxidas, coma un collage.

Como afirma o autor, o libro fala dos desexos erróneos que calquera de nós pode sentir, devecendo polo afastado e non priorizando o realmente importante: o que xa temos e non deberiamos perder.
Foi galardoada co II Premio Nacional de Ilustración Infantil, máximo recoñecemento á ilustración dentro de España, convocado polo Ministerio de Educación.

Sen comentarios
Publicar un comentario