Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/01/10

Unha xornada moi especial

Non quería rematar as vacacións, ou comezar as clases, sen facer fincapé na xornada do club de lectura que realizamos o último día de clases do mes de decembro. Por que foi tan especial? Por dúas razóns: Porque non sentamos arredor dunha mesa para comentar o libro e porque puiden unir o club de lectura d'O Carballiño e o de Silleda do curso pasado (unha parte pequena, pero que se lle vai facer!). Desta volta, a lectura de A Esmorga levounos de excursión a Ourense para facer o roteiro que alí se contempla, seguindo os pasos da noite dos esmorgantes. O único impedimento foi a choiva, que chegou a ser de tal intensidade que tivemos que deixar de buscar o último enclave.
Pero foi, cando menos, unha experiencia totalmente diferente e deliciosa. Por suposto, a información, tanto esta como de todas as actividades e xuntanzas realizadas, está no blogue do Club, Momentos de silencio compartido, pero para min foi tan importante e especial que debía traérvola aquí.





Tentaremos repetir ocasións coma esta. De momento, xa temos lido o seguinte libro e a xutanza próxima está cercana. Levamos un ritmo!!!

5 comentarios:

Carmen dixo...

Encantoume realizar unha experiencia diferente

Ainara dixo...

Quedoume pena non tratar máis ao club de Silleda

Andrea dixo...

Gustoume moito a idea de xuntar os dous clubs

Jenny dixo...

Foi unha mágoa que chovese tanto e non poder rematar o roteiro

ourensan@ dixo...

alédome da inserción

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.