Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/02/10

Avós

Este é un álbum precioso e sinxelo que nos fala do paso do tempo e o amor. Escrito por Chema Heras e ilustrado por Rosa Osuna, Avós respira tenrura en cada páxina: non importa o vellos que o tempo nos faga, o que importa é o espírito que mantemos e o amor que nos une. Encántame pensando naqueles nenos e nenas que teñen a sorte de disfrutar de cheo dos seus avós e avoas, porque con esta lectura poderán entender que non é a distancia temporal quen marca a afectividade.
O texto constrúese na súa maior parte sobre un recurso típico dos relatos infantís: unha ladaíña acumulativa na que o avó convence á avoa de que bula porque o resto non ten importancia: para el segue a ser a máis fermosa do mundo, ao igual que o será para ela.

...A avoa sorriu e foise mirar no espello

-Eu son fea coma unha galiña sen plumas.

-Non digas iso, muller! Ti es feitiña coma o sol.
E fai o favor de apurar, que temos que ir bailar!



Avós atoparalo na exposición que está nestes momentos no centro: "Do galego para o mundo e do mundo para o galego".

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.