Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/02/10

Con Francisco Castro

Este mércores pasado, 3 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu a agradábel visita de Francisco Castro, quen lles falou -sobre todo- do libro que previamente leran: Chamádeme Simbad. Poucas veces teño visto ao alumnado tan entusiasmado cun escritor (ata lle escribiron cartas ao día seguinte, que lle faremos chegar), facendo tantas preguntas e desexando unha foto ao seu carón. Riron moito coas súas anécdotas (iso de que caia en calquera lugar...) e coa súa amena charla ("non podo ser modelo de perruquería por razóns evidentes")
Francisco falounos da súa querencia especial por Simbad, por ser o representante de todo aquel que quere vivir aventuras. Asegurou que no 90% do que escribe está simbolizado ese anceio de emocións que Simbad, disfrazado baixo calquera outro nome, quere vivir.
Tamén asegurou que é escritor porque é lector, por sentir a necesidade de COMER fantasía, e o seu oficio é realmente un pracer para el.
Descubriunos que o seu libro preferido é Xeración perdida, aínda que non sexa o mellor.

Para presentalo, 5 alumn@s de 2º de ESO representou unha pequena obra teatral que incluía poñerlle un parche de pirata. Foi o noso especial agasallo, que agardamos fose do seu agrado.



Grazas, Francisco, por vires. Grazas, Ernesto, por traérnolo.

5 comentarios:

Francisco Castro dixo...

Infinitamente agradecido por ter ido, por estas fotos, por esas cartas, que espero cheo de emoción. ¡E que vivan os piratas por sempre!

Oshi =( dixo...

Boto de menos a Ernesto....

Ronsel dixo...

Non me estraña: é xenial!
Se vises a pequena obra que escribín, adicada a el, morrías coa risa. Xa che contarei.
Un bicazo

Ernesto dixo...

Moi ben Francisco cos alumnos. Prestouse a todo incluso para que lle puxerades o parche.

A obriña moi simpática, quedei impresionado co rapaz do teléfono que memorizou os premio.

Oshi=( tedes que facer unha sentada para que algún prof@ se mova no instituto, e ala me vou cargado de escritores!!! Bicos. Deille recordos para ti no Nadal ó teu compañeiro espadachín.

Ronsel dixo...

Ernesto, non te pases de encantador. Mira que non te volvo dedicar unha obra...
e si, Francisco deixou impresionado ao alumnado. Ata creou lectores!!! Xa queren ler a próxima novela.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.