Impresionante. Case me quedo sen palabras ao rematar este libro, que xa non sei se é unha novela negra, se negra é a nosa sociedade, se negro é o espello no que nos debemos mirar, se negra é a vida en xeral. Ler El Huracán de James Lee Burke é sentir ese furacán atravesando as vísceras do lector, mentres séntese testemuña do Katrina e de tantos outros desastres naturais que arrasan non só as cidades senón tamén aquilo que de social ten o home, tirando a maldade que ocultamos baixo unha aparente educación e normalidade por unha soa palabra: supervivencia. Será que iso somos? Depredadores naturais?
Todos os personaxes que pululan pola novela teñen vida propia, non están postos ao servizo do protagonista nin da acción. Neles hai crueldade, culpa, remordemento, pobreza, riqueza, medo... e hai vulnerabilidade, sobre todo no propio protagonista, un policía que é quen de autocriticarse. Xogando co feito histórico do Katrina, como algo que dá protagonismo pero non escusa, os personaxes terán a posibilidade de cambiar ou seguir, e sobre todo de seguir adiante. Como fariamos nós, fieis ante aquilo que consideramos de noso.
A mestría narrativa de James Lee Burke é tal que podemos sentir a humidade, a calor, a catátrofe, a psicoloxía dos personaxes. A sociedade americana, o racismo como telón de fondo, converten esta novela nunha crítica despiadada ao ser humano.
Unha novela para perderse, para non parar e para anceiar que fose moito máis grosa. Todo un achádego que debo, novamente, a meu irmán.

Sen comentarios
Publicar un comentario