Un autor sueco de novela negra que debemos ter en conta e que descubrín novamente grazas a meu irmán, quen ultimamente resultou infalible neste xénero.
Hakan Nesser recibiu o premio Glasnyckeln á mellor novela policíaca do ano 1999 en toda Escandinavia, honor que comparte unicamente en toda Suecia con Mankell.
La mujer del lunar afástase nalgúns sentidos da novela negra tradicional: sabemos desde o primeiro momento quen é o asasino (asasina), aínda que non sabemos os motivos que a conducen por ese camiño; a intriga constrúese arredor do momento en que os detectives descubran quen e por que comete os asasinatos, se chegan a tempo, etc; o que máis me gustou é que, como lectora, púxenme do lado da asasina ao comprender os motivos (antes de que mos reafirmase a lectura). Como boa novela negra, lese con gusto. Aínda que en nórdicos, sigo quedando con Nesbo e Indridason. Sen desmerecer a este, por suposto.
Pero é incrible a cantidade de escritores deste tipo de novelas que estamos descubrindo ultimamente, non?

2 comentarios:
Sete de cada dez escandinavos son escritores de novela negra.
Esta colección de RBA lánzana coma se fose asequible($€)pero os libros custan o de sempre. Moi mal.
¿Quén é Indridason??
Non sabes quen é porque non queres deixarme o libro que sempre che estou a pedir?. Vai aquí:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2009/03/la-mujer-de-verde.html
Pois a ver se Julio se anima a deixarnos as súas reflexións... Esperámolas con impaciencia
Publicar un comentario