Vía Mesturas esta fermosa curta moi apropiada para esta semana "amorosa":
Tenra historia de amor da señora que limpa o aseo día tras día sabendo que ela nunca terá unha oportunidade…ou si?
Unha curta do ruso Konstantin Bronzit. Lavatory – Lovestory- que presenta unha fermosa historia de amor nun orixinal escenario: un baño público. Bronzit utiliza un sobrio trazo en negro para contar sen diálogo de ningún tipo esta emotiva e divertida historia de amor e moito suspense en 10 minutos.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
09/02/10
Lavatory - Lovestory
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
5 comentarios:
Esta curta non estaba aqui xa?
De tódolos xeitos, moi bonita.
Non, non estaba. Aínda que xa hai tantas cousas que non sería de estrañar que nos repetíramos algunha vez...
Si, eu tamén vin esta curta neste blog
Pois xa me facedes dubidar...
Esqueciches a medicación querida?Outra vez?
jijijiji
Publicar un comentario