Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/02/10

Mi miel, mi dulzura



Delicioso libro para abordar a interculturidade con gran valor literario que nos ofrece o luxo da tradución en árabe dalgúns fragmentos. Escrito por Michel Piquemal e ilustrado por Élodie Nouhen Mi miel, mi dulzura lémbranos que todos somos iguais e sentimos do mesmo xeito veñamos de onde veñamos e teñamos a cor ou a lingua que teñamos. A protagonista emigrou a España cos seus pais deixando a familia máis alén do mar, en Marrocos. Unha avoa a quen adora técelle un fermoso caftán para que non a esqueza; a nena comprenderá o valor do amor.
As ilustracións son totalmente envolventes, apropiándose do texto e envolvéndoo de tal xeito que case non somos conscientes da súa diferenza: lemos e ollamos ao mesmo tempo, porque forman un conxunto inseparable.
Fermoso libro para ter en conta en moitas das efemérides: Paz, Interculturalidade, Amor...
O libro, editado por Edelvives, pertence á Fundación Tres Cultura do Mediterráneo, nada para ser unha ponte entre as diferentes culturas e promover a convivencia entre culturas e relixións.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.