Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/02/10

Moitas grazas

Resulta emocionante saber e comprobar como medra este o noso blogue, que alcanzou máis de 100.000 visitas, con preto de 2.800 entradas e con máis de 2.900 comentarios. Darvos as grazas a tod@s quen o facedes posíbel, a aqueles que nos visitades cada día, cada semana, cada mes... a aqueles que opinades, comentades, saudades, de cando en vez ou habitualmente, a aqueles que estades aí dándonos ideas, apoiándonos... a tod@s vós, moitas grazas. Co corazón de ambos na man, grazas por enriquecernos cada día. Ogallá deamos coa fórmula da emoción e o coñecemento, que saibamos estar á altura das vosas expectativas para que queirades seguir connosco alimentando sabedorías, risos e amarguras; que poidamos compartir optimismos e pesadumes; que fagamos da nosa blogosfera esta familia que une na distancia e no descoñecemento que aprende; que contemplemos un mundo mellor, máis xusto, máis equilibrado, máis culto.
Grazas, de todo corazón.


"Manos dibujando" (1948) M.C. Escher

19 comentarios:

Anónimo dixo...

Noraboa polas cifras, pero sobre todo polos contidos do blog. Grazas por ese fantástico traballo. saúdos.

Loly dixo...

Como que moitas grazas????? Ísto non se paga dando as grazas, iso é ben doado... Eu coido que a fidelidade, ben bastante escaso, merece outro tipo de compensación, digamos.... Bueno, mellor volo deixo a vós, así que ide pensando. Eu, agardo...

Ah, esquecíame PARABÉNS PARELLA!!!!

Biliomanía dixo...

Grazas a vós por estar sempre tan preto.
Bicos.

Antonio Martínez dixo...

Xa sabemos quen vai pagar o cocido

Beni dixo...

Eu apúntome á última idea, porque o demais stresssssame. Bicos para o 50% e un saudo afectuoso para o resto.

Bibliobrey dixo...

Grazas a vos por estar sempre dispostos a compartir o voso traballo.

Apertas como páxinas

Bea, de Ponteareas

Mario dixo...

Quen son eses dous do Cocido? A ver se reservades o dereito de admisión no Blogue e lle ides parando os pés aos lambóns!
Por outra parte, nos vos poñades tan chulitos: 50.000 visitas son miñas...
Bicos.

Un lector dixo...

Este xa é, desde hai tempo, un dos escasos blogs que considero imprescindibles. Unha fiestra aberta a todo canto de interese circula pola Rede. E unhas opinións e comentarios oportunos e magníficos. Os meus parabéns, e seguide así (ou aínda mellor, se é que iso é posible neste caso).

Departamento de LGL dixo...

Grazas a vós polo inmenso traballo que facedes. Parabéns!

MESTURAS dixo...

Vale Mario, parabéns tamén a ti. Agora xa podedes repartir gastos entre os tres. A nós tanto nos da.
Tamén os do cocido tedes o don da ubicuidade. Xa non sei onde entrar sen que aparezan os vosos nomes primeiro.
Apertas, Grace e Angelito-little Angel

LecTuro LiteraTuro dixo...

Moitas grazas a vós. Para nós, que estamos comezando, o voso traballo é un agasallo. Bicos

paideleo dixo...

Eu non comento muito pero paso case a diario por este blogo tan activo e cheo de asuntos entretidos e curiosas.
Seguide así que o facedes mui ben e gracias a vós polo voso traballo.

Montse dixo...

Todas as grazas por vós que non pairades de traballar e facédesnos a vida moi agradable, chea de sentimentos e de conciencia ética.

Totes les gràcies per vosaltres que no pareu de treballar i ens feu la vida molt agradable, plena de sentiments i de consciència ètica.

Isa dixo...

Vale, xa chejei tarde coma sempre.E ajora que vos digo hummmm.
Que sodes estupendos, maravillosos, un fervedoiro de novas,imprescindibles,...que non podemos pasar sin vós.
Bueno, xa vale de peloteo,..o resto xa volo direi non cocido.

Biquiños

Unitaria de Vide dixo...

Eu penso que ven merecedes unha lampreiña rechea para diante do cosido. Eu levoa e vos arrejlade có do cosido, para que a poidades compartir, como compartides este blog.
Unha apreta.

Encarna dixo...

Moitas grazas porque para min sodes un blog de referencia. Sempre é interesante pasarse por aquí.
Unha aperta.Encarna.

maría dixo...

Veo que nosotros damos las gracias por este blog tan interesante.
Felicitaciones por la imagen de Escher que tan bien refleja la construcción de un blog: autor y lector construyen la obra...

Anónimo dixo...

Non é parada, é camiño. De peregrinos, de pés lixeiros, a paso por artigo, a latexo por verso, a pensamento por horizonte, a desexo por suxestión, a mil bágoas por unha inxustiza, a mil puños por unha cultura, a mil agarimos por unha muller, a dous ollos por mil libros... a dúas almas por un blogue.
Seguiremos o letreiro cara o mundo que debera ser. Grazas.

Ronsel dixo...

Grazas polos vosos comentarios e aloumiños.
En canto ao cocido, temo que teremos qeu discutir...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.