Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/02/10

A Muller do Mediodía

Superando a miña crise lectora, este libro levoume demasiado tempo, non sei se produto da súa propia lectura ou do meu estado, aínda que estou por apostar que foi pola primeira causa: a lectura é morosa, lenta, demasiado sobria, chegando a ser cansa. Pero ten a contrapartida de que estamos enganchados desde o prólogo, impactante, un ofrecemento a seguir adiante inapelable.
O feito é que o libro gustoume (non me encantou), sobre todo a primeira e última parte. Unha visión diferente da Segunda Guerra Mundial, unha muller que sofre e que non é quen de sentir. Unha historia que comeza acabada a Segunda Guerra para volver atrás no tempo e explicar unha parte dos sucesos que desembocan nesa loucura colectiva. O seu ben máis prezado é a personalidade das protagonistas, con lesbianismo incluído, que fai máis atraente a novela, posto que o importante aquí é ser muller nesa época. Por iso ofrece unha ollada diferente, incluída unha nai xudía tola.
A Muller do Mediodía é de Julia Franck, traducida ao galego por Luís Fernández Rodríguez e editada por Sotelo Blanco.
Foi Premio dos Libreiros Alemáns no ano 2007.


4 comentarios:

ERNESTO dixo...

Eu quería saber cánto é demasiado tempo para ti?

Ronsel dixo...

Pois demasiado tempo é o que é: demasiado para ler un libro que non chega ás 500 páxinas. Un mes, quizais? Non estou segura... pero si estou segura de que o libro é lento e de que eu estou a pasar unha crise lectora.

Ernesto dixo...

Se les "A praia dos afogados" xa sales da crise lectora e preparada para botarlle man ó de Sara Waters.

Ronsel dixo...

Xa saín, creo. Veño de rematar un de novela negra que me deixou meu irmán. Veralo en breve

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.