Se falase de ti non pronunciaría as
sílabas supremas
pero bicas ben e gústame estar contigo.
O meu verde co teu azul.
Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.
Abstéñome de pronunciar esas sílabas sublimes
pero gústame como abrazas e o teu pelo fai xogo co meu
vestido.
Os teus dedos patinan nas miñas medias.
O meu verde co teu azul.
Iolanda Castaño
Desde o blogue Arquivos do trasno esta selección musical:
5 comentarios:
Nós temos o libro " Cando eu saiba ler " de Yolanda Castaño e encántalle a Leo.
Sorte teñen algúns nenos contar coa poesía desde sempre! Parabéns.
Moi moi bonita selección de cancións, coma sempre...
Moito amor no ambiente vexo eu por aqui ultimamente...
Xa ves, querido Oshidori, a "jefa" estanos feita unha romántica... como está o mundo!!
A ver que pasa comigo!!! Romántica funo sempre... todo o ano, claro. Pero vós diso non entendedes, materialistas.
Publicar un comentario