Encantoume este libro de Sarah Waters publicado por Galaxia: A Rolda Nocturna foi Premio Novela Europea no ano 2008. Teño que dicir que non coñecía esta autora e convenceume: convenceume a súa prosa e convenceume a historia, unha historia cuns protagonistas marcados pola dor da Segunda Guerra Mundial nunha cidade, Londres, bombardeada e destruída día tras día. Unha historia na que o amor homosexual debe ser agochado (pouco cambiaron os tempos!) e a intolerancia social está marcada cara a aqueles que poden ser "diferentes".
Unha historia que vai retrocedendo no tempo para comprender mellor as situacións ás que se enfronta cada personaxe, ligados entre si polo azar ou por un minúsculo detalle.
Unha historia que vai retrocedendo no tempo para comprender mellor as situacións ás que se enfronta cada personaxe, ligados entre si polo azar ou por un minúsculo detalle.
Despois de saír das ruínas e a destrución que supón a guerra, as persoas que protagonizan o libro deberán seguir adiante nunha situación que nos semella conmovedora, triste, cunha esperanzadora mirada cara adiante. No libro hai lugar para o amor, a infidelidade, o adulterio, a valentía, a honestidade, a felicidade, o humor, o desánimo, a intolerancia... unha lección de bo quefacer literario que non vos decepcionará.
Un libro máis que recomendábel que podemos ler na nosa lingua.
Un libro máis que recomendábel que podemos ler na nosa lingua.
2 comentarios:
Pois non contaba!
Canto me alegran estas descubertas. Xa debezo por saborealo
Publicar un comentario