Que mellor xeito de celebrar o Día da Poesía que lendo poesía?
Hoxe devorei este libro, Acusación, de Xiana Arias Rego. Un poemario sobre o eu, o eu como destino ou como desatino, a infancia pasada, o desexo de fuxir (cara a onde?), o desconcerto, en fin, que todo o abrangue e todo o percorre. Acusar é renunciar, acusar para falar de dor, de rabia, de incertidum
e:
VOUME,
quero volver.
Estou sempre
no lugar seguinte.
Cando me deito
quero volverme erguer.
Cando me ergo
quero volverme deitar.
de lingua, de palabra, do colectivo e do individual, de violencia...:
Quen foi a primeira en chorar?
A primeira en cortar a lingua?
Os gatos escapan,
perdemos o avión.
O autobús pasa cada vinte minutos.
Soubémolo polos ollos.
O verdadeiro teatro.
O que hai despois de comprender
e non transformar.
Soubémolo polas mans.

1 comentario:
A min tamén me encantan os poemas de Xiana, e máis sendo unha 'antiga' alumna miña da querida terra da Fonsagrada.
Publicar un comentario