Hoxe contamos no centro cun invitado de excepción: Tadashi Yamamoto, un antropólogo xaponés que nos deu unha lección a aqueles que non falan galego "porque non serve para nada", demostrando que a nosa lingua interesa noutras latitudes tan afastadas como a nipona. Yamamoto é profesor catedrático da Universidade de Tenri, especializado nos temas antropolóxicos mexicanos, como festas calendáricas e cosmoloxía dos antigos mexicas (aztecas), ritos agrícolas e sincretismo dos indíxenas contemporáneos, movemento social e cultural dos migrantes indíxenas mexicanos nos Estados Unidos.
Yamamoto impartiu dúas charlas: unha dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato quen previamente estudara a cultura xaponesa co profesorado de Antropoloxía.
Este é o texto que nos achegan:
Como introdución á cultura xaponesa dedicamos un tempo á aprendizaxe e práctica dun xogo tradicional e moi actual en Xapón, o IGO, coñecido en Occidente como GO; asumíase que unha formación intelectual non era completa se non sabía xogar ao Igo. Representa a oposición de forzas e a harmonía que trascende ao conflito entre elas, producindo beleza, orde e relación. É dicir, o Ying e o Yang plasmado nun xogo de natureza bélica e de conquista territorial.
Para completar a nosa aproximación a esta cultura, estamos a traballar un libro que é a edición impresa dun blogue (http://www.kirainet.com/) en lingua castelá sobre o Xapón. O seu responsable é Héctor García, un español alí afincado, e o libro podedes atopalo na biblioteca: Un geek en Xapón.
E unha segunda charla dirixida ao alumnado de 1º de ESO onde se centrou no método de escritura xaponesa, servíndose dos libros da exposición URBI ET ORBI.
Falounos tamén da idea de globalización, do respecto por todas as culturas e por todas as linguas, máxime se esa é nosa.
Rematou ambas charlas cantándonos unha cantiga tradicional xaponesa e...

Grazas, Xaime
14 comentarios:
A charla de yamamoto, pareceume moi interesante, o que máis me gustou foi a parte na que cantou a rianxeira, porque deuse manexado coas palabras perfectamente, e en caso contrario nos non dariamos cantado unha canción en japonés en só cinco anos aprendéndoo, tantos como él leva. Pareceume moi interesante pola súa parte, e estou agradecida de que viñera para ensinarnos a súa cultura.
Persoalmente gustoume moito a charla de Yamamoto pois pareceume moi interesante saber un pouco sobre o seu país.
Unha das cousas que máis me gustou foi cando nos explicou e nos debuxou algunhas letras que eles utilizan no seu idioma, algo o meu parecer asombroso pois o seu idioma é moi complexo.
Para min foi un orgullo poder pasar unhas horas con el, pois pareceume moi admirable que alguén de Xapón se interese tanto por a nosa lingua mentres algúns galegos a desprezan.
Por outro lado foi unha charla moi amena e agradable grazas o gran sentido de humor do señor Yamamoto. E el para finalizar brindounos con dúas cancións tocadas cun instrumento típico de xapón. Unha delas era unha canción xaponesa e a segunda era a “Rianxeira” algo que me chamou moito a atención.
estou ai para faloar do xapones que vu o outro dia o noso centro de ensino para falanos da sua cultura,como è o seu pais cal è a ua forma para escribir.
A min gustoume moito xa que a sua cultura è moi interesante.
paseino moi ben porque me pareceu unha clase moi interesante, xa que nos axudou a familiarizarnos con outras culturas. Tamen vimos o dificil que son as letras xaponesas pero o mesmo tempo o bonitas que son. O xapones que nos veu dar a charla pareceume moi sinpatico' e espero que volca outra vez
Gustoume moito a visita de Yamamoto,rinme moito con él xa que era moi simpático,estivonos explicando como se leian as letras, unhas en horizontal,outras en vertical...deixoume moi impresionada porque sabe falar moi ben o galego,amin tamen me gustaria aprender o xaponés,ainda que e moi difícil,ou iso parece.E a verdad e que canta moi ben.
A charla de yamamoto foi moi divertida e interesante: xa que tes que ser unha persoa moi intelixente para aprender ; galego, castelan... e xaponés a sua vez.
O instrumento chamoume moito a atencion, e tamen o ben que pronunciaba o noso idioma, moito mellor ca moitos de galiza.
Pareceume unha persoa moi simpática.
caeume moi , ben era moi simpatico e divertido.Sabia moi ben a nosa lingua para ser de fora.Canta moi ben e teñen unha escritura moi particular.
É un señor moi agradable,fala moi ben a nosa lingua e o español.Aprendimos moito da súa lingua e complicado que é a caligrafía.
A min gustoume moito a súa visita porque me pareceu unha persoa moi amable e moi boa,e ademais a min gústame a cultura xaponesa
A min sorprendeúme que soubera falar galego e tamén me gustou moito o que nos dixo e o que cantou (sobre todo o que cantou), en xeral encantome que viñera ao centro a darnos a charla.
Foi unha experiencia interesante e mio educativa. Sempre ven ben aprender un pouco de outras culturas.
Foi unha experiencia moi boa axudounos a coñecer unha nova cultura.
Eu creo que foi unha experiencia nova para min e creo que tamén para máis compañeiros do centro. Gustoume a forma de escribir xaponesa, xa que teñen signos moi simpáticos. Sobre Tadashi Yamamoto decir que me gustou a súa forma de falar, xa que é moi difícil falar galego sendo xaponés. Tamén a súa forma de cantar, que o fai moi ben. Gustaríame ter experiencias parecidos ao longo da miña estancia no centro IES nº1
que voz máis perlada... e non falo de Tadashi!
Publicar un comentario