Con guión de Antonio Altarriba e ilustracións de Kim, El arte de volar é unha novela gráfica coa que voarás, de seguro, por todo o seu universo. Impresiona desde a primeira viñeta ata a última. Un percorrido minucioso pola vida dun personaxe real, polo sufrimento agónico da guerra civil, do posterior exilio en Francia, dos soños truncados, da felicidade inexistente, da realidade fatídica que se empeña en cortar as ás. Un álbum magnífico que fala en realidade, da propia existencia. Dun home que medra e que non realiza os seus anceios. Dun home coma calquera outro home do último século español. Unha obra froito da introspección persoal, profunda, aplastante, que ofrece unha lembranza da historia recente de España: guerra, perda, ideoloxías, credos, tranquilidade, testemuña do acontecido.
E sen esperanza. A vellice é o que é, e aquí amosáse núa, sen contemplacións nin pinturas.
Un libro desgarrador e insustituíble. Do mellor.
E sen esperanza. A vellice é o que é, e aquí amosáse núa, sen contemplacións nin pinturas.
Un libro desgarrador e insustituíble. Do mellor.
1 comentario:
Por certo, hoxe David Rubín comentoume que se cre que este cómic será o novo Premio Nacional.
Publicar un comentario