Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/03/10

Elas crean

Grazas a ese blogue marabilloso chamado "Más que libros" sabemos deste Festival, un dos acontecementos culturais da Presidencia española da Unión Europea, a través dos Ministerios de Igualdade e Cultura en colaboración co Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación -Aecid e o Instituto Cervantes. O ser obxectivo é dar visibilidade á creación das mulleres na música, artes visuais, danza, teatro literatura, cine e gastronomía. As cifras? 200 artistas e 150 actividades en 40 cidades europeas para divulgar a creación feminina.

Como exemplo o vídeo de Najwa Nimri: El último primate.

NAJWA NIMRI - EL ULTIMO PRIMATE from Blur Producciones on Vimeo.



E mirade, por favor, os traballos que nos ofrecen en Biblos: perigosas lectoras, perigosas escritoras.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.