Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/03/10

La estrategia del agua

Hai escritores que deixan unha pegada indeleble cando un ten a honra de os tratar. Así me pasou a min con Lorenzo Silva, quen volve -e como!- con Bevilacqua e Chamorro en La estrategia del agua. Non poderei esquecer xamais aquela tarde en que nos visitou, a biblioteca chea, a ledicia compartida, os nervios, a ilusión, a posterior satisfacción da charla mantida... Non houbo unha soa fenda de desencanto, e iso é o que máis me (nos) marcou. Ademais, o meu fillo tivo este ano a mesma impresión.
Así que tan pronto souben que volvía, ataquei o libro. Agobiada, en plena época de exames, non puiden parar ata que rematei. Encantoume. Non son obxectiva, seino, pero creo que é un dos seus mellores libros. Rabiosamente actual, con chiscadelas á contemporaneidade que vivimos, con discursos vixentes... non aburre un só segundo. Desde o fermoso título que o acompaña ata a crítica ao sistema xudicial, a ruindade deixa paso á esperanza. Porque nunha sociedade depravada, onde as persoas poden moitas veces xogar ao seu antollo cos sentimentos dos demais, amparándose en leis que non funcionan, pelexan seres íntegros que buscan a verdade e que teñen a honestinade como bandeira e como estímulo. Nada está perdido se prevalece a verdade. Nada actual foxe das súas liñas: dende o ensino da ESO ata o cine, a lectura, a crise, o engano... Nada é o que semella. Podemos os seres humanos adaptar a estratexia da auga e como ela amoldarnos ás diferentes situacións?
Non sei se coñecedes o autor. Non sei se debo recomendarvos que, de non telo lido, comecedes pola primeira historia destes investigadores. Sei, si, que vos certifico que este libro non vos vai defraudar.

Lorenzo Silva. La estrategia del agua. from Culturamas on Vimeo.




4 comentarios:

ernesto dixo...

Xa me tardaba que non o colgaras!!

E imposible ler algo antes ca ti!!

Ronsel dixo...

Non te pases! Xa quixera ter máis tempo para ler... pero xa sabes: Lorenzo Silva é Lorenzo Silva. Sagrado!

Ernesto dixo...

Non me lembraba de que fixera un comentario nesta entrada.

Por fin puiden lelo. Persoalmente gárdolle moi bo recordo ó primeiro, acabo de mirar e lino en agosto do 98...hai 12 anos!! Pero posiblemente este sexa o máis....redondo¿?

Ronsel dixo...

Si, eu creo que este é o mellor. De todos os xeitos, pasoume igual que a ti: os outros foron lidos daquela, e a memoria esváese...
Pero, xa sabes: adoro a Lorenzo Silva!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.