Descubrín a este grupo por puro azar e grazas a unha alumna que quedou fascinada (o mesmo que me pasou a min, por certo...) pola versión que fixeron do Umbrella de Rihanna. The Baseballs son tres rapaces alemáns que se dedican a pasar pola máquina da brillantina temas que soan continuamente nas radio fórmulas. Aquí móstrovos, ademais da canción que provocou esta entrada, o Hot N´Cold de Katie Perry e o Bleeding Love de Leonna Lewis, pero se indagades na internet atoparedes moitos máis.
En resumo, música actual convertida en clásico rock & roll.
Advertencia: absterse de escoitar todos aqueles que non aturan todo o relacionado coa película Grease.
2 comentarios:
Pagades uns abaneos musicais acoj........siderais!
Pero Grease é Grease e Travolta é Travolta!!!!! Danny Zuko!!!
Na variedade está o gusto, querido Ernesto...
Publicar un comentario