Esta semana realizamos unha serie de actividades arredor do cómic e do cine de animación.
Onte pola tarde contamos coa inigualable presenza de dous grandes deste mundo: o escritor David Rubín, quen impartiu un obradoiro de cómic para o alumnado de Debuxo de 3º da ESO
e Nani García, compositor da banda sonora de "De Profundis", quen falou sobre o proceso de creación dunha banda sonora para o alumnado de música de 4º de ESO.
Ademais da exposición de cómics no centro, nos recreos celebramos un festival de curtas de animación, xunto coa proxección de Vals con Bashir, De Profundis e O espírito do bosque durante toda a semana.
1 comentario:
Magnífica, completa e estimulante actividade. Noraboa
Publicar un comentario