Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/04/10

Como una dama

Se queredes sorrir permanentemente coa lectura dun libro este é o que buscabades: Ingrid Noll en Como una dama consegue iso e moito máis. Seica é unha novela negra. Negra? Ben, hai un par de mortes que pululan por alí, pero non son esenciais, desde logo. Porque, ao fin e ao cabo, o que importa é lembrar como as mulleres nos volvemos invisibles coa idade; esa invisibilidade permite, ao mesmo tempo, voar sen que ninguén se dea conta.
O sentido do humor, a fina ironía, a tenrura e a simpatía que envolven o libro é marabilloso. Non chega ás 300 páxinas, algo que botamos de menos: é imposible non devoralo dunha sentada. Sempre me recriminan que só recomendo libros tristes, pois ben, este resulta ser todo o contrario. Iso si, abstéñanse adolescentes: non entenderían o decorrer dos anos. Hoxe vou ir en contra dos meus propios principios e alabar este libro para recomendar a súa lectura para mulleres de máis de corenta anos: éxito indiscutible. E se erro, por favor, indicádemo. Porque eu paseino estupendamente!
E dar as grazas a quen mo recomedou.

2 comentarios:

biblioteca dixo...

Lin este libro o verán pasado e rinme moito con el. Recomendeino a varias amigas, pero só tivo éxito entre "as maduritas"
Hai algún máis da mesma autora que tamén merece a pena pero dos que lin, ese segue sendo o meu preferido.
Por certo, acórdasche de "Las viudas de los jueves?. Coincidiramos fai anos na súa lectura e gustounos ás dúas, agora acaban de estrear a peli, que eu non vin, pero dixeronme que deixaba moito que desexar.Víchela?
Saúdos desde Betanzos.
Marga

Ronsel dixo...

íache escribir para che dar as grazas por esta recomendación! E tes razón: creo que un libro que só comprendemos se temos certa idade: así o recomendo no blogue.
Non vin a peli de "Las viudas": iso de ver pelis despois de lecturas nunca adoita funcionar...
Grazas pola visita.
Biquiños

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.