Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/04/10

Contando contos aos máis peques


Unha das actividades máis fermosas que realizamos Día do Libro foi a de contar contos ao alumnado de 6 anos que desde os colexios públicos do Carballiño veu ao noso centro, á nosa biblioteca. Cando lembro a todos eses nenos e nenas subindo as escaleiras dos maiores, en ringleiras perfectas de dous, da manciña, caladiños e abraiados... logo, sentados no chan, nas cadeiras, contestando ás nosas preguntas e moi, moi atent@s a todos cantos contos lles contabamos... aínda me emociono. Os maiores non se querían perder este acontecemento e tod@s querían ser contacontos por un día. Houbo que restrinxir a sesión, porque non daba tempo para tanta intervención. E ao final, caramelos e bicos, moitos aplausos e moita ledicia.
Sinto non ter gravación: teredes que conformarvos con algunhas fotos (e faltan as do Kamishibai, que non se puideron facer!)
Grazas a tod@s, grandes e pequenos, por axudar e participar en tan fantástica actividade.
E grazas, coma sempre, á admirada Paramio, facho sempre alumeando.

4 comentarios:

Montse dixo...

Una actividad que emociona y que recordaran.

Ronsel dixo...

Si que foi emocionante, si. Creo que para peques e grandes.
Grazas polas túas palabras.
Apertas

MIK dixo...

É o que temos os do Carballiño, somos moi bos contacontos e xa imos entrenadiños dende cativos na arte de escoitar.
Parabéns polo éxito da actividade, realmente recomendable, emocionante e inesquecible para uns e outros.
Apertas ratunas e groliños de Ribeiro

Ronsel dixo...

Iso non o sabía eu! Vaia, que sorpresa. Biquiños, Mik

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.