Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/04/10

El ojo del leopardo

Falar de Mankell é falar de seguridade e garantía á hora de escoller un libro seu. Dá igual que sexa en novela negra coma non, sempre nos vai enganchar.
Volve agora con El ojo del leopardo, unha novela desasosegante e realista que nos fala de racismo e odio, dese continente castigado unha e outra vez polo home branco, dese imperialismo que o castigou para roubarlle toda riqueza e todo sinal de identidade.
Cruel. Sen piedade. Incomprensión. Distancia. Abatemento. Asasinatos. Rancor. Feitizo. Morte. Misterio. Solidariedade.
O propio Mankell asegura que África fixo del unha mellor persoa. Con esta novela, pretende achegar dous mundos diferentes, o frío e o calor, o presente e o pasado, o desapego e o propio. Poden entenderse Europa e África?
A crítica social presente en todo momento, lembra o autor que os europeos non son salvadores, e menos os nórdicos. Así fala da corrupción moral e económica dos seus compatriotas disfrazada de axuda ao desenvolvemento africano.
Unha frase destacable: Cal é o país de África que máis axudas recibe de Europa? Suíza. Por que? Porque “hay números de cuentas anónimas que se llenan con dinero de las ayudas que sólo hacen un viaje rápido a África y vuelven”…


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.