Hoxe 16 de abril hai 37 anos que un fatídico accidente se levou por diante á que é considerada unha das mellores voces que deu nunca o panorama musical español: Luis Manuel Ferri Llopis, Nino Bravo. Cando faleceu, aos 28 anos de idade, xa conquistara os primeiros postos das listas de éxitos, realizara multitudinarias xiras por España e Latinoamérica e, en definitiva, se consagrara como un dos grandes. Nunca poderemos saber ata onde podería ter chegado, pero do que non cabe dúbida é que son moitas as cancións deste artista valenciano que sobreviven coa mesma forza inicial ao paso dos anos e se transmiten inevitablemente ás xeracións máis novas.
Velaquí vos deixamos unha selección:
2 comentarios:
Eu chorei o día que morreu porque me encantaba... pero, claro, despois coñecinte a ti!
mira que non cantei veces estas cancións... ata me atrevín nun karaoke e todo.
Publicar un comentario