Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/04/10

Nós tamén afogamos

Non literalmente, claro está.

Este mércores 14 fixemos co alumnado de 1º de Bacharelato o Roteiro de "A praia dos afogados". En Nigrán descubrimos en primeira persoa os lugares que anteriormente maxinaramos coa lectura deste libro. As opinións que a lectura provocou tédelas, naturalmente, nas Estelas dos Ronseis.
Unha actividade programada pola editorial Galaxia que resultou magnífica: a organización perfecta, o ambiente agradable, o autor encantador, os guías magníficos, o tempo impresionante (estaría encargado?)... non podemos poñerlle un só defecto, polo que lles damos as grazas por agasallarnos cunha xornada literaria diferente.
Así, logo de coñecer o autor -Domingo Villar-, quen nos contou a historia de como chegou a ser escritor, paseamos pola praia da Madorra, o Templo Votivo do Mar (tan semellante ao noso templo da Vera Cruz por ser do mesmo autor), Monteferro... da man de dous guías de excepción: Ana Carreira, deliciosa sempre, amiga xa dende que o outro día nos meteu medo no instituto, e un home cheo de enerxía e sabedoría mariñeira, o historiador Xosé Lois Vilar, presidente do Instituto de Estudos Miñoranos, que nos descubriu algúns dos segredos do mar (ese elemento tan afastado para nós, de terra adentro, e tan admirado e respectado) e gozamos coas vistas da nosa costa. E así como nunha boa comida non pode faltar o bo viño, por se fose pouco, todo o tempo nos levaron da man os inesgotables Fernando e Noelia, pendentes en todo momento de calquera detalle. Ernesto: botámoste de menos!.
Pola tarde, e aproveitando o día, visitamos o Museo do Mar.



Deixámosvos asemade esta recomendación:



9 comentarios:

Elvira Blanco dixo...

Nós fomos o xoves. Non tivemos tan boa sorte co tempo pero pasámolo igualmente ben :D

Anónimo dixo...

Xa me gustaría que fixeran este tipo de roteiros tamén para os que non somos rapaces. Estaría ben unha xornada metidos no ambiente da novela, e como non, visitar a taberna do Elixio e o bar Puerto.

Ernesto dixo...

Hai un "Anónimo" por Vigo(Fernando) e máis o seu xefe que se curraron o roteiro dende hai meses, o éxito é 100% deles.

Noraboa ós dous!!

O xoves choveunos ó final pero pagou a pena igualmente. Co ben que está a saír a choiva xa non nos mete medo.

Ana Tamara Álvarez Álvarez dixo...

para a miña opinión persoal, o roteiro estivo moi ben,á única pega que lle podo poñer foi que nos tiveran ao sol no cabo de monteferro ás 2 da tarde. Foi no único momento no que o pasei algo mAL. Cando nos deixaron tempo libre, estivemos na praia e paseino moi ben! Cando chegamos a Vigo e vimos o Museo do Mar pareceume interesante todo o que nos dixeron sobre a pesca, porque eu non tiña nin idea de pesca e agora sei como se pesca o polbo, por exemplo, e desde onde se pesca.
En total, a excursión pareceume interesante, gustoume moito.

Jéssica Álvarez Álvarez dixo...

A excursión pola ruta do libro dos afogados gustóume moito.Primeiro fomos a unha sala dun hotel cos demáis colexios a escoitar ó escritor e a que nos firmase o libro.Logo fumos por algúns sitios que os personaxes visitaron e estiveron.Unha muller e logo un home esplicáronnos todo moi ben,na praia,no monte,no faro,na igrexa (feita polo mesmo señor qe fixo a veracruz).Comimos nunha praia onde o pasamos xenial.Logo fumos ó museo do mar onde nos explicaron distintas maneiras de pescar varios tipos de peixe e ensináronnos un acuario.Por último deixáronnos tempo libre en Samil.Foi unha tarde diferente e moi divertida.

Mauro Casas Díaz dixo...

estivo bastante ben e moi entretida, o que máis me gustou foi cando fomos ao museo do mar.

Alba Fernández Caderno dixo...

A min o que máis me gustou foron as explicacións de Ana Carreiro, xa que me pareceu unha persoa moi faladeira e simpática. Fíxome gracia o acento do señor que explicaba no acantilado porque non estou acostumada. Pero sen dúbida o mellor foi a compañía(:
Tamén me gustou o acuario, pero era moi pequeno.

Ana Cristina Des Pérez dixo...

En xeral, gustoume bastante a excursión. Ana Carreiro, que foi a que nos levou pola primeira parte do roteiro pareceume moi simpática e agradable, daba a sensación de que lle gusta o seu traballo. Pasoume o contrario co outro señor que nos levou pola segunda parte do roteiro, parecía moi arisco pero gustoume como falaba. A pesar diso podo dicir que as paisaxes eran realmente bonitas e dáme pena non vivir na costa.

Raquel TRodríguez Vázquez dixo...

En xeral, gustoume moito a excursión. Unha das partes que máis me gustou foi ir a Monteferro, porque había unhas vistas preciosas e aparte chamoume moito a atención que a xente para unhas rochas moi pequenas lle poñan nomes. Por outra parte gustoume moito a visita o museo do mar, que foi moi entretida.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.