Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/04/10

Reflexionar a través da fotografía

Fotopres o9 recolle 135 fotografías cun nexo común: a reflexión sobre as condicións de vida de diversos países con conflitos, como Pakistán, Kenia ou Líbano. É un dos concursos de fotografía de prensa con máis historia e recoñecemento en España. O certame organízase co obxectivo de dar a coñecer e difundir a fotografía documental, e contribuír á consolidación do documentalismo contemporáneo.
O fotoperiodista Emilio Morenatti gañou o primeiro premio con 'Violencia de xénero en Pakistán' unha serie de 10 mulleres coa face desfigurada polo ácido a causa do 'honor familiar'.
O segundo premio foi para 'Violencia post electoral en Kenia', de Walter Astrada, con imaxes dos enfrontamentos que nese país africano houbo entre etnias.
O terceiro premio foi para Alfonso Moral polas fotos 'Líbano, entre mar e lume', fotos que se afastan da guerra e amosan a vida social do país.




Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.