
Baixo o recurso dun papaventos, a historia fálanos da importancia dos dragóns, da sorte que dá aos nenos e da súa misión: protexelos.
A beleza do libro reside tanto na historia como nas ilustracións, como adoita acontecer nos álbums ilustrados. Pero desta volta creo que priman as segundas: ese sabor oriental deixa unha pegada perdurable logo de ter o libro entre as mans.Unha obra escrita por Alexia Sabatier e ilustrada por Xavier Besse. Publicada por Edelvives.
Sen comentarios
Publicar un comentario