Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/05/10

Caixa de cartón

Este marabilloso libro, que contei en todas as aulas onde imparto clase sen conseguir non emocionarme en todas elas, está publicado pola editorial OQO na súa colección "Qontextos"; Caixa de cartón está escrito por Txabi Arnal e ilustrado polo iraniano Hassam Amekan ofrece unha crónica da inmigración diferente: unha historia triste cun final máis feliz, se podemos falar de felicidade, se esta existe despois de sufrir o que a protagonista ten sufrido. Unha historia chea de tristura e melaconlía que gana en optimismo e que está impregnada dese sorriso perenne que o ser humano tende a reconstruír para vivir.
As ilustracións, tremendamente plásticas, son símbolos das palabras e da historia, da fouteza da vida nunha caixa, da desesperanza, da esperanza, do optimismo, do amor... a figura sempre vermella da protagonista destaca sobre os tons marróns do libro e da súa contorna, que van caracterizar o conxunto das ilustracións.
Un libro imprescindible, un álbum que hai que ter, ler, reler, dar a ler, lérllelo a outras persoas... lembrando que está a evocar esoutro mundo que ás veces nos negamos a ver.




38 comentarios:

Cris dixo...

Pareceme un conto que esta basado na realidade, coa pobreza, enfermidades... e moi triste.

carmen dixo...

este é un libro moi triste

yoli dixo...

é un libro fermoso, pero triste que ten un final algo máis alegre.

Noemí dixo...

Este é un libro bastante triste aínda que non acaba tan mal.

Almu dixo...

esté libro é moi triste coma case todos os que leémos... pero ten un bo finsal a verdade gústoume moto : )

David dixo...

é un libro fermoso, pero triste aínda que ten un final algo máis alegre.

jonathan dixo...

Aínda que é moi triste acaba ben,encantoume

Lino dixo...

un emociónase moito con este libro pero non acaba moi mal

tania dixo...

Este é un libro triste....súa nai morre e ela vai para un orfanato... despois adoptana e é feliz coa súa nova nai ela quérea moito

Rocio dixo...

Este libro é moi triste pero o final é bonito

Noelia dixo...

Este libro é moi trise porque hai xente que non ten sentimentos da xente que non ten cartos.

Ernesto dixo...

Pareceume un libro moi femoso, triste pero ao final acaba ben.

Danny dixo...

è moi triste pero gustoume porque acaba ben

Gabriel dixo...

Este libro pareceme moi triste pero ao final todo acaba ben porque a rapaza acaba cunha boa familia.

Andrea dixo...

Pareceme un libo triste porque a nai da nena morre e levana para un orfanato.

Cristian dixo...

É un conto qe empeza de forma triste e acaba cun final feliz.Gustoume moito.

Martín dixo...

O conto pode estar ambientado na realidade dos países subdesenvolvidos.

Angel dixo...

É triste pero acaba ben.

Pili dixo...

Gustoume moito pero quitaríalle algunhas escenas trises.

Cristina dixo...

Este ibro é triste porque a nai non ten cartos e decidiu emigrar coa súa filla,pero teñen tan mala sorte que o barco afundeu .Dáme moita pena cado a nena recorda á súa nai na cas dos pais adoptivos.

Ana dixo...

O libro comeza sendo moi triste, a nai sofre moito pola súa filla. E remata moi ben, a rapaza adóptaa una familia, inda que nunca se esquecerá do sorriso da súa nai.

Roberto dixo...

E un libro que representa a pobreza e a miseria porque a cuna da nena era só unha simple caixa de cartón e ao final quedou sen nai .Aínda que por sorte a adoptaron.

Cristina dixo...

O libro dá moita pena pola morte dá nai despois é un pouco mais alegre porque a nena ten unha familia que a quere.

Adrián Villar García dixo...

Este libro e moi realista xa que mostra os aspectos da realidade como a pobreza, a emigracion e un pouco triste solo que acaba ben e eso é o bo.

Fátima dixo...

A min particularme gustoume moito, xa que é unha maneira moi interesante de pasar un rato entretido e coñecer doutra maneira problemas da nosa sociedade.

Unknown dixo...

Triste, quizais. Realista, tamén. Unha forma singular, orixinal e moi persoal de contar unha historia con tal sensibilidade. Un método concicudo para aqueles que teñen un falsa idea do que relamente é pasalo mal nos mundos que corren.

Manuel de la Torre dixo...

O libro é moi triste e moi alegre á vez xa que trata dunha situación que vemos todos os días nas noticias como é a pobreza e a inmigración pero que ao final remata cun final feliz.

Lucía Silva dixo...

O libro é moi triste ao principio, xa que trata da inmigración dunha muller coa súa filla pequena, pero ao final todo remata ben.

Antía Iglesias dixo...

Unha histotia na que resalta un dos problemas da sociedade de antes e de hoxe tamén. A inmigración dunha nai coa súa única ca filla.Triste como non.

Ana Brandariz dixo...

Un libro que trata aspectos moi realistas como: a pobreza a inmigración.É triste ver que isto segue pasando na realidade

Ana Castro Varela dixo...

Quizáis, a tristeza sexa o mellor término que resume este álbum , xa que amosanos un dos temas máis difíciles e actuais que perviven no tempo.

Esperanza 1bc dixo...

Pa min o máis bonito de todos. Conta a historia dunha nai e un fillo afectados pola migración. Ensínanos que aínda que a nosa casa sexa de cartón o importante é a xente que está ao teu lado e o cariño recibido.

Unknown dixo...

A tristeza que nos amosa, sobre todo a forma que ten de facel, é moi boa, isto por desgraza é polo que pasan moitos días milleiros de persoas, pola contra de moitos casos, este rematan ben.

Rebeca Broemser dixo...

Para min é preciosa e horripilante á vez. A froma na que a nena relata a súa vida é moi dulce.
Este relato fala de moitos temas, en especial a pobreza e o recismo; e eu permítome añadir a idea de que na escuridade absoluta sempre podes atopar unha luz pola que sair.

Lara Fondevila dixo...

Este conto é moi emocionante e triste á vez. Fala da inmigración e de todo aquelo que lles pasa aos inmigrantes cando intentan salvar á súa familia. Tamén pon a estes inmigrantes nunha posición moi pobre xa que teñen que vivir nunha caixa de cartón.

Anónimo dixo...

Maria Lamazares Taboada..
Este conto e moi realista xa que nos fala da emigración,a pobreza...pero remata con un bo final.

María Rey dixo...

Despois de tanto tempo non logro recordar moi ben o que conta a historia, pero sí recordo que foi o relato co cal máis me emocionei, o que máis dor me transmiteu, sabendo que toda esa dor era real e que as historias máis duras sempre son as que ocorren na realidade.

Anxela Llinares dixo...

Conta o que tiveron que aguantar os xudíos co mandato nazi, xa que tiñan que facer todo o que poideran para escapar e se non o conseguían intentar salvar a súa familia, como se reflexa neste conto.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.