Gustoume moito, moitísimo, este libro, Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño, publicado pola editorial Galaxia. Agardo con ilusión a reunión do club de lectura xa que teremos o inmenso honor de poder falar con ela. Unha volta feminista a esa mitoloxía que nos contaron doutro xeito ("Homero fala das mulleres dende a percepción de Ulises, pero non sabemos nada do que elas pensaban, sentían ou querían. Entón pensei: xa que Homero non falou delas, voulle dar eu as palabras que el non lles deu"): unha relación epistolar entre Penélope e Circe que nos fará reflexionar sobre a condición de ser muller na sociedade, sexa cal sexa esta, a amizade e o papel fundamental que sempre se lle dou aos homes. O máis curioso é a actualidade do tema, por moito que nos envolva a mitoloxía clásica na lectura: o desamor, a paixón, a infidelidade... Fala Circe das dores non faladas como as máis insistentes; contesta Penélope abrindo o seu corazón; fala Circe de paixón a pesar de todo; fala Penélope de resignación e soidade... Vaise tecendo o libro entre cartas que ambas protagonistas se escriben e entrementres unha terceira persoa vainos desgranando o que ocorre en ambos reinos. E todo sucede de tal xeito que é igual a ver un filme. Ou polo menos esa é a impresión que tiven: unha sensación de cámara fotográfica onde as palabras se transformaban en imaxes sen necesidade de actuar a maxinación.
Do mellor que lin ultimamente da nosa literatura!
... Ulises, tes que me prometer que a túa estadía en Eea foi algo máis que unha parada na túa singradura. Se o home que chegou a min non foi o mesmo que abandonou Ítaca, tampouco o home que parta das miñas beiras pode ser o mesmo que chegou a estas praias pedindo refuxio. Tí cambiáchesme moito, nobre laertiada, tampouco eu son a mesma deusa chea de xenreira que te recibiu. Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se pode agora seguir o rastro da miña ollada... Así falou Circe, a da voz dourada, e os ollos de Ulises enchíanse de bagoas ao escoitala...

2 comentarios:
Felicidades a esta viguesa por tan axeitada obra!
E son eu que non deixo de estar agradecida a persoas como Gracia e a todas as rapazas do seu clube de Lectura.
Foi unha conversa amena, aberta, cálida, libre, ao máis puro estilo de Eea.
Parabens a Gracia, as demasi profesoras que a acompañan e alentan nesta magnífica aventura de guiar á xente nova polos camiños (as veces nada doados) da literatura.
Beixos nas mans e nos ollos a todas..
Begoña
Publicar un comentario