Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/05/10

Doña Pura y los camaradas de Abril

O noso benquerido Ernesto ofrécenos a súa reflexión sobre a última lectura realizada: Doña Pura y los camaradas de Abril de Germano Almeida. El Cobre ediciones.
Grazas Ernesto. Esperámoste!

Dade un paseiño até Lisboa e situádevos no 25 de Abril de 1974: tanques, baterías armadas, carros de combate, metralletas……o exército está tomando a cidade!; na radio aconsellan á poboación que permaneza nas casas por seguridade... qué facer?

Moitos revisariamos a despensa!

Pois temos aquí a un estudante de dereito caboverdiano que, coa certeza de que se están a vivir momentos históricos, bótase á rúa para ser espectador de excepción e impresionar a súa caseira.

Nesta novela, onde os homes bailan ben e namoran ás mulleres difíciles de namorar, Germano Almeida achéganos, con moito sentido do humor e sarcasmo, esoutra revolución portuguesa que iniciaba a independencia das colonias.

ATENCIÓN HOMES:

Lédeo, hai neste libro moitos trucos para conquistalas... a elas.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.