Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/05/10

El beso de la sirena negra

Cando vin que Jesús Ferrero escribira unha novela negra, lanceime a buscala, lembrando aqueles meus anos mozos en que devorei este autor. Para ser totalmente sincera, tíñalle perdida a pista por completo, ata pensaba que non estaba a publicar nada ultimamente! Pedindo perdón pola miña ignorancia, atrévome a recomendarvos esta novela que resulta completamente diferente. El beso de la sirena negra é novela negra que afonda no lado máis escuro das persoas, do sexo, do pracer ou da dor. Unha detective que non busca un asasino nin un rateiro: “No le pido que indague en el alma de mi hija, sólo le pido que averigüe dónde se encuentra y qué clase de vida está haciendo”. De fondo, literatura e música. Vaiamos ao outro lado do espello, como Alicia, e descubramos que se agocha alí. Prous e Lewis Carrol son copratogonistas secundarios, presentes continuamente nunha obra que reincide na outra volta da vida, como a deles.
Non, non é unha obra mestra, pero creo que está ben. Seica é a primeira incursión que o autor fai na novela negra (será por moda?) e non o fai mal. O libro engancha, retente (que máis pedir?), é sensual -moito, nalgunhas páxinas-, ata calafriante; con crítica social incluída. Así que resulta máis que recomendable.

“El despertar, el verdadero despertar, es misterioso e inocente, y si bien se va produciendo de forma gradual, se advierte de repente. No es un hecho que se pueda demostrar, pues se lleva a cabo en las regiones más oscuras del alma, pero tampoco es una ficción de la mente. Se trata simplemente de un estado general que propicia una nueva mirada sobre la vida y sobre la muerte”.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.