Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/05/10

Memoria de cidades sen luz

Raquel Rodríguez Vázquez achéganos a súa opinión sobre este libro: Memoria de cidades sen luz de Inma López Silva.

Este libro gustoume bastante, pois dá xiros moi interesantes de 180 graos.
Comeza co asasinato dos pais do protagonista, que é rescatado por unha familiar, Lucía; a partir de aí as súas vidas cambiarán moito.
Escrito coma se fose unha autobiografía, xira arredor de guerras e exilios. Encántame o desenvolvemento do protagonista dende que era neno, unha parte que me encanta debido á inocencia do rapaz, ata partes máis macabras coma o asasinato do fillo do protagonista en mans da súa nai, unha parte calafriante.
Outra das partes que me gustou moito deste libo é que o protagonista viaxa por moitos lugares do mundo en épocas moi diferentes: dende A Coruña dos anos trinta ao París dos corenta, pasando por unha Barcelona exiliada. E viaxa tamén a Bos Aires e Nova Iorque.
Por outra banda, paréceme un libro moi triste: a morte do fillo, o asasinato dos pais e dos irmáns de pequerrechos, a morte de Casal, e -como non- o suicidio de Lucía que constituíu un dos elementos máis impactantes da obra.
Outra parte que me chamou moito a atención é que un personaxe que ao principio para o protagonista era unha terceira persoa, René, acaba converténdose no personaxe principal sendo así un piar fundamental para o protagonista. Tamén me gusta Armelle, a pesar de ser un pouco tola.
Entre tantos detalles que quero destacar está o feito de que o protagonista desexe converterse en cego e ao final conségueo.
Recomendo con énfase este libro, porque non se sentirán defraudados coa súa lectura, antes ao contrario, engancharanse ata rematalo.

1 comentario:

Ernesto dixo...

Xenerosa Raquel, moitas grazas pola túa recomendación, de verdade che digo que foi o último empuxonciño que me facía falta para lelo. Téñoo na casa dende que saíu.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.