Pareceume moi interesante este cómic: Paquidermo de Frederik Peeters (autor de Píldoras azules) que xoga coa mestura do mundo onírico e a realidade que vive a protagonista de tal xeito que chegamos a dubidar en moitos momentos cal é cal. Un cómic con face de novela negra e novela fantástica con toques de cine de terror situada na Suíza dos anos 50. Mestura habilmente realidade e fantasía baixo esa gran descoñecida que é a mente humana e que, sen dúbida, quere representar con ese elefante estraño co que comeza o cómic. Un base de realidade, ese mundo post-hitleriano arredor do cal xiran unhas cantas páxinas da novela, moitos soños non cumpridos, ou si, e unha realidade que podemos ir desvelando pouco a pouco sen deixar que ao final poida sorprendernos.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
11/05/10
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario