A pesar das nosas voces, seguiron adiante. Os nosos esforzos, de nada serviron. A nosa lingua, xamais escoitada. A decencia, no esquenzo. A xustiza, inexistente. Máis unha vez.
Nin o informe do Consello Consultivo, nin o da Real Acadmeia Galega, nin o do Consello Escolar de Galicia, nin o do Consello da Cultura Galega, nin o da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, nin Asociacións, nin... conseguiu ser escoitado.
Hoxe a Xunta aprobou o decreto do galego, chamado do plurilingüismo, suprimindo as consultas aos pais en Educación Primaria... ou denomínandoas doutro xeito.
O galego desaparecerá das aulas... e do mundo? A guerra incívica polo idioma aumentará. Porque nós, cando menos, seguiremos loitando.
Un día negro para o noso país.

2 comentarios:
"imbeciles e escuros, non nos entenden, non"
Pero aí seguimos.
Bicos
mentras quede terra e auga medrarán nela novas ansias e novos amores pola nosa lingua. E aquí terra e auga temos dabondo.
Publicar un comentario