Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/05/10

Un regalo del cielo




O
escritor Gustavo Martín Garzo e a ilustradora Elena Odriozola fannos un agasallo especial con este libro: Un regalo del cielo. Dúas mamás moi diferentes, unha humana e outra ovella, que perden os seus filliños pero non o seu sentido da maternidade, sabendo que o corazón é moi grande, polo que se pode amar a moitas persoas. Moi apropiado para ler nun día coma o de hoxe, por exemplo, aínda que sexa atemporal.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.