Esta preciosidade de libro foi un agasallo do cole de Bandeira, así que pasa a ocupar un lugar destacado nos andeis non só polo libro en si, senón polo seu significado. Tedes que coñecer este libro, en serio. Que pasada de ilustracións! Nada menos que de Miguel Brieva, arquicoñecido polo seu cómic, Dinero, do que xa vos falaremos. Nesta ocasión Brieva ilustra as palabras de Silvia Nanclares. Al final, publicado por Kókinos, é un álbum de grandiosas ilustracións e poucas palabras; entre unhas e outras imos da man dunha nena que esquece as chaves da súa casa e que descobre un mundo fantástico no que ela amosa a súa valentía. O seu percorrido, e o noso con ela, está cheo de achádegos da literatura clásica: Alicia, Pinocho, Peter Pan... deixan as súas pegadas na obra. Un conto que remata, como non, durmindo deliciosamente, xa que o mundo onírico é o mellor xeito de viaxar, de soñar... de contar.
Non perdades a oportunidade de botarlle unha ollada, de percorrelo, de acariñalo... é fantástico!
Non perdades a oportunidade de botarlle unha ollada, de percorrelo, de acariñalo... é fantástico!
Sen comentarios
Publicar un comentario