Hoxe visitounos María Canosa. O alumnado de 2º de ESO lera Faíscas (editorial Galexia) previamente, e hoxe tivo a sorte de compartir un dos seus últimos días de curso con esta escritora agradable e cercana que lles falou do proceso de escribir, da importancia da literatura e da lectura, e que contestou cuestións sen descanso durante hora e media. Unha das preguntas que destacamos: "hai machismo na literatura?". E ela falou sobre todo do machismo na sociedade, posto que como enxeñeira atopa moitos atrancos para desenvolver en igualdade a súa profesión. Comezando polo salario.
Moi interesante e amena toda a conversa con ela, a quen lle damos a grazas por buscar ese oco necesario para vir ata o centro despois duns días de tanto axetreo.
O alumnado descubriu asemade que as Ciencias non reñen coas Letras, que todo se pode compartir, e que todo é igual de interesante.
Grazas María por esta lección de humanidade.
E novamente grazas á editorial Galaxia por me mimar deste xeito.

2 comentarios:
Moitíiiiiiiiiiiiiisimas grazas!!!
Non me tedes que agradecer nada, o pracer é meu, e o orgullo, por suposto, por contar comigo.
Temos que agradecerche todos que, aínda que moitas veces sexa moi duro, continúes traballando a prol da nosa cultura sen descanso.
Bicos a moreas.
Agarda que esta sexa só a primeira de moitas veces que nos vexamos.
Que auténtica María!
Mimarte así tendo a xente con tanta ilusión como ela e moi fácil.
Bicos.
Publicar un comentario