Este filme (Óscar ao mellor documental) amosa a matanza de máis de vinte mil arroaces que cada ano levan a cabo os pescadores de Taiji, unha pequena vila de catro mil habitantes do sur de Xapón, nunha pequena piscina natural formada na costa: considérase a maior matanza destes cetáceos no mundo.
Cada serán, os delfíns son conducidos até a cala por barcos con sirenas que os fan fuxir. Ao día seguinte, de mañá, os pescadores matan un a un os apiñados golfiños, enchendo de sangue ese anaco de costa.
Só uns poucos salvan a vida: os escollidos para vender en acuarios de todo o mundo. Vivo, custa uns 150.000 dólares, morto 600.
Este é o tráiler do documental:Cada serán, os delfíns son conducidos até a cala por barcos con sirenas que os fan fuxir. Ao día seguinte, de mañá, os pescadores matan un a un os apiñados golfiños, enchendo de sangue ese anaco de costa.
Só uns poucos salvan a vida: os escollidos para vender en acuarios de todo o mundo. Vivo, custa uns 150.000 dólares, morto 600.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario