Un libro que agardo cegamente a que miredes, e que o vexades. Con texto de Victoria Pérez Escrivá e ilustracións de Claudia Ranucci, Cierra los ojos (editado por Thule) conta o diferente xeito de mirar, ver e interpretar a realidade... segundo as nosas circunstancias. E como esa subxectividade sempre leva razón. Porque o mundo ten varias realidades... ou somos nós os que vemos diferente o mundo? A solución, na breve pero profunda lectura deste libro.
As ilustracións son diferentes ás que estamos acostumados. Creo que levada polo tema do libro, a ilustradora elixiu unha certa austeridade que conferen un dramatismo non exento de sentimentalismo, necesarísimo en cada páxina, e que nos levan da man para unha solución final. Se é que non se chegara a resolvera con anterioridade, claro.

2 comentarios:
Lo sabía.
Non xa, por que será?
Publicar un comentario