"18 comidas " do director galego Jorge Coira realizará o seu premiere mundial no Festival Internacional Taormina Filme Festival.
Será a película de apertura da Mediterranean Competition (Competencia Oficial do Festival), que comeza mañá, 12 de Xuño.
Cantas historias poden acontecer durante unha comida, nunha cea, nun xantar...?
24 personaxes... 6 historias.......18 comidas
"18 comidas" é unha película que viaxa a través de dezaoito comidas -entre almorzos, comidas e ceas- que nos fan partícipes dalgúns deses momentos que poden cambiar unha vida. Seis historias ao longo dun único día de ficción.
Trátase dunha produción de TIC TAC e ZIRCOZINE coa participación de Televisión de Galicia. Conta con excelentes interpretacións: Luis Tosar, Víctor Clavijo, Sergio Peris-Mencheta, Esperanza Pedreño, Pedro Alonso, María Vázquez, entre outros.
Vía
3 comentarios:
que boa pinta ten!
Grazas por avisar! polo trailer non ten dúbida, sacarei tempo de onde sexa
De acordo contigo, Ernesto, verémola.
Publicar un comentario