Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/06/10

Cuestión de pelotas

Seguro que arestora estades a comentar o partido de España. De cantos "jabulanis" entraron na portería. De que falamos?
Jabulani é o nome comercial elixido por Adidas para o balón oficial deste mundial 2010, nome que en zulú significa rexouba, celebración, ledicia. Un concepto sudafricano para unha pelota pensada polos enxeñeiros e académicos da Universidade de Loughborough, en Inglaterra: "Con unicamente oito novidosos paneis 3D, selados termicamente e por primeira vez moldeados esfericamente con goma EVA e poliuretano termoplástico, o balón posúe unha redondez de precisión exacta" (descrición oficial).
O que é máis importante é lembrar que estes balóns de Adidas confecciónanse nunha cidade paquistaní chamada Sialkot onde os traballadores fabrican unha versión menos sofisticada desa pelota cada dúas horas e media. Ou sexa, 12 horas cosendo, 5 balóns. E como máximo cobrarán 3€ ao día. Que máis dá? Falamos de nenos e adolescentes... Como, esquecéramos dicir NON ao traballo infantil?
Canto custa un balón destes? A réplica, 25€. Do de verdade, para que falar...
Resumindo, a multinacional agarda gañar tan só 800 millóns de dólares. Por unha pelota pensada en Inglaterra, cosida en Paquistán e rematada en Sudáfrica.
Prégovos que leades isto e máis en Periodismo Humano.
Eu vino en Im-Pulso.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.