Como despedida de curso quero dedicarlle esta entrada a unha compañeira que estivo sempre disposta a axudar en todas as actividades, que compartiu comigo o amor (ou a loucura) polos libros, e que é unha amante dese continente case sempre esquecido.
Vai por ti!
.- Fela Kuti: considerado o mestre dos mestres da música africana. A súa obra confundiuse cunha vida comprometida de loitas e causas sociais.
.- K'Naan: rapero famoso en Canadá, autor da canción do mundial de Sudáfrica 2010, a cargo de Coca Cola.
.- Amadou & Mariam, autores cegos de Mali de "Welcome to Mali", no que captan todos os ingredientes da música africana convertidos en pop.
.- Femi Kuti, case unha reencarnación de seu pai.
.- Youssou N'dour: traballa incansablemente polo seu pobo. Colaborou con Peter Gabriel, o Boss, Dido, Paul Simon...
.- Ali Farka Touré: fixo dialogar o seu contexto africano co blues.
.- Baaba Maal: quere crear a ponte entre a vangarda tecnolóxica e os ritmos africanos, sen renunciar ao compromiso.
.- BLK JKS ( Black Jacks): rock alternativo sicodélico actual sudafricano.
.- Abou Thioubalo, senegalés cun primeiro álbum exitoso.
Vía
E algo máis, aquí.
Vai por ti!
.- Fela Kuti: considerado o mestre dos mestres da música africana. A súa obra confundiuse cunha vida comprometida de loitas e causas sociais.
.- K'Naan: rapero famoso en Canadá, autor da canción do mundial de Sudáfrica 2010, a cargo de Coca Cola.
.- Amadou & Mariam, autores cegos de Mali de "Welcome to Mali", no que captan todos os ingredientes da música africana convertidos en pop.
.- Salif Keita: unha especie de Johnny Cash africano. Ser albino marcouno sempre.
.- Mory Kante, famoso retirado para facer a música que realmente quere..- Femi Kuti, case unha reencarnación de seu pai.
.- Youssou N'dour: traballa incansablemente polo seu pobo. Colaborou con Peter Gabriel, o Boss, Dido, Paul Simon...
.- Ali Farka Touré: fixo dialogar o seu contexto africano co blues.
.- Baaba Maal: quere crear a ponte entre a vangarda tecnolóxica e os ritmos africanos, sen renunciar ao compromiso.
.- BLK JKS ( Black Jacks): rock alternativo sicodélico actual sudafricano.
.- Abou Thioubalo, senegalés cun primeiro álbum exitoso.
Vía
E algo máis, aquí.
4 comentarios:
Magníficas! tamén o son as músicas irmás de Djurumani, Tito Paris, Cesária Évora, Ildo Lobo, Bonga, Zeca Neves, Maria Alice, Ana Firmino...e outras que agora non me veñen á cabeza.
Bon descanso e un abrazo.
Maria
Recollo as túas palabras. Tentarei elaborar un post con esas indicacións... con tempo!
Un bicazo, María
Ola, vendo estas recomendacións de música africana non podo deixar de engadir un cantante senegalés que considero adorable, Ismaël Lô. Recoméndovos que o busquedes no youtube, e non deixedes de escoitar o se l'amour a touts les droits, Tajabone, Jammu Africa (paz en África), Incha Allah, Dibi dibi rek... Eu descubrino no 2002 nun concerto en Santiago e alucinei, xa non tanto pola música como polo público senegalés que estaba alí, subían espontáneos ó escenario, bailaban todos de pé... e conseguiron que todo o auditorio, cheo ata a bandeira bailara como eles.
Hai pouco estivo en Santiago no sons da diversidade Femi Kuti, o fillo de Fela Kuti, estivo ben, pero para min faltoulle algo.
Bicos,
Ana
Moitas grazas Ana polo teu comentario. Si que coñecemos a Ismael Lo dende hai tempo. Eu creo que foi o primeiro africano que coñecín, de feito, grazas a meu irmán. Un olvido imperdoable.
Publicar un comentario