Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/06/10

¡A trabajar!



Un enormeeee libro asinado polos Pelagatos (conxunto de autores franceses) que busca o xeito de non traballar, ou de xogar a traballar, con moitos a animais diferentes. Unha especie de xogo e de collage para reflexionarmos sobre o traballo.
Buscando nos datos que traen todos os libros (para saber quen é o ilustrador e demais) atopei un contrato que ameaza "le cedo todo a mi patrón", cunha garra verde enorme que ofrece unha pluma a dous gatiños do outro lado da mesa. Que medo!



En verso cóntase a historia dun crocodilo que trafica o traballo alleo doutros animais que tratan de desempeñar un oficio que vaia coa súa natureza, aínda que sexa algo insignificante.

Publicado por Fondo de Cultura Económica.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.