Bangladesh coñécese como "a xastrería de Occidente". Alí cósese para as grandes cadeas de roupa. O 40% desta que venden as marcas españolas confecciónase en países onde non hai garantías de respecto aos dereitos laborais, nin seguridade, nin hixiene. En Bangladesh, pola competencia de chineses, vietnamitas ou indios, baixan os soldos, xa miserables de por si. Cobran 15€ ao mes por 18 horas diarias, sen vacacións. Os nenos cobran 10€. A silenciada historia das súas protestas alcanza xa varios anos.
Na India, 55 millóns de nenos traballan na elaboración da artesanía téxtil. En Pakistán non se sabe o número. As multinacionais de roupa deportiva conseguen até que os nenos traballen dende a casa.
Inditex pechou a súa fábrica de Bangladesh, pero H&M aínda a ten. O ano pasado pagou de impostos 60€.
O último gran accidente produciuse en febreiro cando a fábrica Garib&Garib -provedora de H&M, Terranova ou a empresa norteamericana Wall-Mart- incendiouse, rematando coa vida de 21 traballadores. Non era a primeira vez que isto sucedía, nin será a última. O domingo pasado un centenar de persoas morreron en Bangladesh nas manifestacións para pedir un salario digno.
Pero iso queda moi lonxe, non nos preocupa. Preferimos ver as fotos de mundos mellores, de roupa de prezos desorbitantes, ver na televisión unhas cantas mulleres millonarias que presumen da súa vida sen ningún pudor... e seguir comprando a roupa que nos fabrican os explotados. Sempre é máis doado mirar para outro lado.
Lede máis, por favor, aquí e aquí.
Vía Im-Pulso

1 comentario:
grazas por estas informacións que nos dades
Publicar un comentario