Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/07/10

El oficinista

Se tedes pensado ler este libro, recoméndovos que o fagades no inverno. Porque resulta totalmente abafante. Describe unha atmosfera tan erma que un necesita refrescarse de cando en vez para proseguir a súa lectura. Porque se chegamos a vivir nun espazo como o que nos transmite o narrador... perdidos estamos. E mentres deixamos que ese ambiente nos vaia afogando, caemos tamén nós, como o fai o protagonista, o oficinista de quen nin sequera sabemos o seu nome nas 200 páxinas que ten o libro.
Así é El oficinista de Guillermo Saccomanno, Premio Biblioteca Breve 2010, sen concesións nin esperanzas, un mundo apocalíptico afastado do que lemos en A estrada de McCartney (agora en galego grazas á Faktoría K) pero que ten en común o odio e a violencia de todas as accións. A mención a estoutra novela que non vos engane: aquel é unha obra mestra que nada ten que ver con esta, que considero un pouco esaxerada nesa visión social que nos presenta con asasinatos continuos e atentados terroristas diarios mentres o protagonista en ningún momento está en perigo. Inda así, é máis que interesante a súa lectura, sobre todo pola visión de insolidariedade que nos dá do seu traballo, nunha oficina na que ninguén é amigo de ninguén e o único que se procura é non ser a próxima vítima do desemprego. Moi ben plasmada asemade a loucura do protagonista cando se cre namorado e as súas consecuencias.

Viaja comprimido entre hombres y mujeres atontados por el sueño. Apretado entre ellos no precisa colgarse de un pasamanos para conservar el equilibrio mientras el vagón avanza chirriando a toda velocidad en la negrura del túnel arrancándole chispas a las vías. Entre empujones, balanceos, es un cuerpo entre los cuerpos. Vacas hacia el matadero. Futuras reses. Quizá los guerrilleros tengan razón al atentar contra los subtes: es el método más eficaz para terminar con los que no enfrentan su destino.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.