Isto non é un libro. É, sinxelamente, unha obra de arte. A editorial Barbara Fiore déixanos pampos unha vez máis con esta edición de luxo.
El secreto de la garganta del ruiseñor con texto de Peter Verhelst e ilustracións de Carll Cneut está baseado no conto "El ruiseñor" de Andersen. Unha extraordinaria historia sobre unha pequena ave que debe cantar diante do, coma sempre, insaciable emperador de China. Pero nesta versión hai outros personaxes máis importantes, como a nena que conta a historia do rousinol.
As ilustración son... que palabra empregar? Tons verdes, azuis, amarelos... misteriosos, envolventes. Maxestuosas.
E non digo máis, porque hai que telo entre as mans, ulilo, follealo, extasiarse con el antes de lelo... e logo de lelo miralo cantas veces queirades, porque non vos ides aburrir!

2 comentarios:
Cousa linda, linda. Elegancia e arte iso é.
Grazas por concordar e por opinar. Tes toda a razón.
Publicar un comentario