Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/07/10

La fórmula preferida del profesor


Apuntado teño o nome desta escritora dende hai tempo, pero aínda non conseguira ler nada dela até agora. Abofé que hai que tela en conta! Yoko Ogawa consegue con La fórmula preferida del profesor (editorial Funambulista) achegarnos ao mundo das matemáticas dun xeito diferente, mesturado iso co béisbol, case tan importante na novela como aquelas, fío condutor dun relato ben estruturado, ameno e interesante. Non importa que che gusten as matemáticas, ou si, o libro vaiche encantar de todas todas. Porque é doce, lene, optimista, agradable, sincero... musical. Porque as matemáticas convértense aquí na arma esencial do ser humano, da beleza, da sinceridade, do esencial nunha palabra.

Mira que maravillosa sucesión de números. La suma de los divisores del 220 es igual a 284. Y la de los divisores de 284, igual a 220. Son números amigos. Son una combinación muy infrecuente, sabes. Fermat o Descartes sólo lograron descubrir un par, cada uno de ellos, ¿no te parece hermoso? ¡que la fecha de tu cumpleaños y el número grabado en mi relojo de pulsera estén unidos por un lazo tan maravilloso…!

Anxo, vaiche encantar!!!

2 comentarios:

dorfun dixo...

A min non me rematou de convencer, sigo preferindo O curioso incidente do can a medianoite ou incluso El tío Petros y la conjetura de Goldbach. Supoño que foi porque non rematei de callar coa idiosincrasa oriental.

Recoméndovos tamén, con fondo matemático, El teorema del loro o Lee a Julio Verne. Tamén renego de La soledad de los números primos

Ronsel dixo...

Grazas polas túas recomendacións, non coñezo todos os libros dos que falas, como por exemplo El tío Petros y la conjetura de Goldbach ou Lee a Julio Verne. Os outros si que os coñezo. Pero o libro do que renegas a min gustoume.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.