Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/07/10

La libreta del dibujante

Este libro é máis ca un libro, non é unha historia, é unha sucesión de impresións, recordos e comentarios do autor tanto sobre o seu traballo como as diferenzas culturais respecto a Occidente. E é que o autor é o ilustrador exipcio Mohieddin Ellabbad. Totalmente descoñecido para min.
En cada páxina temos o texto en árabe e en castelán; ademais a edición respectou o seu xeito de ler polo que temos que ir de dereita á esquerda, de contracapa á portada, e as ilustración móvense nun sentido diferente ao que nós, occidentais, estamos acostumad@s.
Nun momento conta como na súa infancia puido facerse cunha libreta para debuxar, que era o que el quixo facer dende sempre, pero esta permaneceu incólume, foi o seu maxín o que traballou enchendo as páxinas e o que o levou ao seu traballo actual e a esta Libreta que temos agora entre mans grazas á editorial Lóguez.
Un álbum que nos leva da man a outras culturas, que nos axuda a reflexionar sobre diferenzas impostas (a cor carne que non coincide e que deben refacer!) e que abre a mente ao diferente.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.