Activistas da PAPPS (Plataforma de Apoio Político ao Pobo Saharaui) e colaboradores entran en diferentes Mercadonas e organizan un musical para denunciar que as latas de conservas de pescado de Hacendado (a súa marca branca) procede das augas do territorio do Sáhara Occidental, ocupado ilegalmente por Marrocos.
Segundo a legalidade internacional, un país ocupante non pode aproveitarse dos recursos naturais do país ocupado. Por tanto, os produtos do Sáhara Occidental que son exportados por Marrocos son produtos roubados ao pobo saharaui, un pobo dividido dende hai 35 anos entre campamentos de refuxiados e territorios ocupados.
O grupo empresarial gallego JEALSA, composto por máis de 21 empresas, comercializa en España as marcas de conservas RIANXEIRA e ESCURIS. Jealsa está asociada coa empresa marroquí Dr Lhoucine DERHEM. Esta asociación, denominada DAMSA, posúe en El Aaiún, Sáhara Occidental, unha fábrica especializada en conservas de pescado, cunha produción de máis de 33 millóns de latas. ESCURIS tamén distribúe os seus produtos a través da marca branca "Hacendado" dos supermercados "Mercadona".
Como consumidores debemos saber este tipo de informacións e conseguir cambios de políticas

Sen comentarios
Publicar un comentario