Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/07/10

O mundial dos incendios

Segundo datos oficiais do Ministerio de Medio Ambiente, En España hai 18626 incendios forestais ao ano, é dicir, unha superficie queimada de 123441 hectáreas. Comparando cun campo de fútbol, Greenpeace asegura que se levan queimado 123441 campos de fútbol ao ano.
Ou sexa, que no tempo que dura un partido de fútbol, poderíase queimar unha superficie superior a vinte campos de fútbol.




Neste momento, que vén de gañar o equipo español (pola festa semella que non existe crise, que hai paz mundial, que...) non só haberá incendios, haberá "estrépitos".
Fútbol é fútbol, pese a quen lle pese.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.