Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/07/10

Sitting en el lago

O noso queridísimo Ernesto volve a prestarse a colaborar connosco aportando a súa reflexión sobre a que é última lectura para el: Sitting en el lago de Manuel Domínguez Moreno.
Moitas grazas, Ernesto; sabes que seguimos contando contigo!



O que me intrigou deste libro foi o título: Sitting en el lago!!!

Dixéronme na libraría que a editorial acababa de pechar, que era imposible conseguir exemplares. Cheguei tarde! e ocorréuseme escribirlle a Miriam Tey, amable fundadora de El Cobre ediciones, quen me enviou un exemplar desinteresadamente. Dende aquí doulle as grazas.

Transcorren por Sitting en el lago dúas tramas paralelas: unha “romántica”, cun esaxerado lirismo ás veces, e outra política, moi directa e realista na que Manuel Domínguez narra a trastenda das negociacións do goberno con ETA.

É unha novela breve, case un relato, cun final brillante que convida á reflexión……Que podemos facer cada un de nós para que remate o terrorismo?

Paga a pena adicarlle dúas noites, pareceume un libro orixinal.

Advertencia:

Este libro ten una introdución, NON A LEADES porque desvela toda a historia, incluído o final.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.